Category Archives: Documentación

  • -

REGULAMENTO

Category : Documentación

  1. A carreira celebrarase o día 30 de outubro de 2016 con saída e chegada dende Fragoselo, e rexerase polo presente regulamento. A saída será ás 9:00h para o Trail, as 9:30h para o MiniTrail e as 10:00h para a Carreira Popular.
  2. A proba terá un percorrido aproximado de 33,5 km e discorrerá por parte dos montes do Concello de Vigo, acumulando un desnivel positivo de 1970 metros aproximadamente.
  3. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, ata un máximo de 500 participantes, repartidos nas categorías de: Absoluta (masculina e feminina) / Veteranos 45 ou máis / Veteranas 40 ou máis.
  4. INSCRICIÓNS: Dende o 1/03 ata o 26/10 na páxina: https://championchipnorte.com/evento/detalle/dp/9/page/2/id/763/iii-trail-montes-de-vigo
  5. PREZO: O importe da inscrición inicial é de 15€ para os corredores federados e 18€ para os non federados. Estes prezos aumentarán conforme se aproxime a data do evento. Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.
  6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de plástico, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
  7. TEMPOS DE PASO: A organización publicará os tempos de corte en cada control. Os corredores que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e facer entrega do dorsal.
  8. AVITUALLAMENTOS: Existirán avituallamentos líquidos e sólidos que serán comunicados convenientemente.
  9. PREMIOS: Entregarase un trofeo ós tres primeiros de cada categoría.
  10. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
  11. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
  12. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respectar as normas de circulación nos cruzamentos coas estradas.
  13. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.
  14. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

  • -

DESCARGAS

Category : Documentación

cartel

Descarga o cartel

 

folleto

Descarga o folleto


  • -

PROTECCIÓN DE DATOS

Category : Documentación

Todo participante, ó formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nas listaxes oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como o seu uso para o envío de información relativa ó evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes realizadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento. Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable C.M.Xistra. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.


Archivos