Máis info

A proba realizarase o día 30 de outubro de 2016. O seu inicio será de novo en Fragoselo, Centro Social Mancomunidade de Montes de Coruxo.
Serán 35 km e aproximadamente 2100 m de desnivel positivo. O mini trail ten unha distancia aproximada de 19 km e 1200 m de desnivel positivo. A carreira popular ten unha distancia aproximada de 10 km. A inscrición pechará cun máximo de 500 participantes.

Accesos a Fragoselo:

 

Lugar de concentración (sábado e domingo): Fragoselo. Centro social Mancomunidade de Montes de Coruxo.
Acreditacións e entrega de dorsais: en Decathlon-VIGO o sábado 29/10/2016 en horarios de 11:00-14:00h e de 16:00-20:00h / Domingo en Fragoselo dende as 07:30h ata 08:15h
Charla Técnica: Sábado en Decathlon-VIGO ás 19:30h
Montaxe e control do “curro” de saída en Fragoselo: Domingo dende as 08:30h ata 08:55h

Saída das probas: 

  • Trail as 9:00h
  • MiniTrail as 09:30h
  • Carreira Popular as 10:00h

Tódolos corredores deberán levar na parte frontal do corpo (peito) o número de carreira. Deberá ser visible en todo momento. A súa ocultación será motivo de penalización ou descualificación.

Farase un seguimento escrupuloso das normas medioambientais. Calquera abandono de lixo durante a carreira fora das zonas habilitadas será considerado descualificación inmediata, se ben pode ser comunicado no momento de chegar á meta.

Tempos máximos para as carreiras:

  • Trail – Tempo máximo 5h
  • MiniTrail – Tempo máximo 3h
  • Carreira Popular – Tempo máximo 2h

Actos finais do evento:

Acto de entrega de trofeos e agasallos:

a) Trofeos Carreira Popular

b) Trofeos Mini Trail

c)Trofeos Trail

c) Premios Trail Copa FGM

A organización pon a disposición dos corredores: avituallamentos, vestiarios, servizos sanitarios e duchas.

Non esqueza consultar o REGULAMENTO DA PROBA

Pode descargar o cartel aquí

Pode consultar as datas, inscricións, prezos e listaxe de inscritos en trailmontesdevigo.xistra.org/inscricions

MONTES DE VIGO Logo 1logoVigoxunta

coruxofcfgmxistracm

cocacolaFrutasNievesmassini
mastercadenaabril

inquedanzas fondo blanco   Decathlon-Vigo